Adestra Vida, que recibiu o segundo accésit, é unha empresa adicada a ofrecer actividades deportivas e lúdicas a colectivos que teñen algún tipo de discapacidade, ben sexa física, mental, sensorial ou social, e persoas maiores, que, polas súas características, necesitan dun programa de traballo específico e adaptado ás súas limitacións. Adestra Vida S.L. conta para todo isto co pavillón Restollal en Santiago de Compostela, acondicionado e adaptado para unha óptima execución das actividades propostas. Ademáis dispón dun salón de recreo para os coidadores mentras esperan polos seus familiares.Ofrecen así mesmo un programa a domicilio personalizado para particulares adaptado ós seus requerimentos individuais e un servizo de fisioterapia que tén coma obxectivo dotar á persoa da mobilidade suficiente para que poida adaptarse ó seu contorno e levar unha vida o máis " normalizada " posible.


Consulte os outros proxectos premiados:

- Imásde
- Xenotechs Laboratorios S.L.

Autores: Rodolfo Johnny Arias Durán; Julián Cándido Tedín Novo; Luis Antonio Bragaña Alvarez

Premio: Mil Euros (1.000 €)