![]() |
|
A empresa que acadou o primeiro accésit, Xenotechs Laboratorios, SL, ofrece un Servizo Integral de análise, consultoría de calidade e seguridade alimentaria e ambiental. O proxecto aborda a creación dunha empresa de base tecnolóxica cuxa misión é proporcionar á industria alimentaria e ao consumidor as ferramentas necesarias para garantir que comercializa e consome alimentos de calidade e seguros. A carteira de servizos de Xenotechs Laboratorios, SL componse de dúas áreas de servizos diferenciadas: Analíticos e Consultoría-Asesoría. Con esta carteira de servizos quere chegar a cada un dos seus potenciais clientes ofrecéndolles unha solución a todos os sistemas de autocontrol, inspeccións, non conformidades, accións de mellora, etc. que xurdan no seu día a día desde un mesmo provedor simplificando o seu sistema de xestión de calidade a través dun servizo integral certificado e cuxa competencia técnica estea acreditada.
Consulte os outros proxectos premiados:
Xenotechs Laboratorios S.L.
website: http://xenotechs.com
Autores: Carmen González Sotelo; Ricardo I. Pérez Martín; Antonio Álvarez Alonso; Manuel Rey Méndez; Javier Quintero Vázquez
Premio: Dous Mil Euros (2.000 €)